jueves, 19 de abril de 2012

Pequeno relato

[Anoitecera facía xa bastante tempo cando Mario chegou ó parque da rúa Nova. Polo día, aquel parque estaba ateigado de pequenos e pequenas que xogaban, rían e chiaban; agora tan só habitaba a soidade e maila escuridade...ata impoñía a súa presenza. A temperatura era abafante a pesares da hora, e ese era o motivo polo cal todo o mundo permanecía na súa casa, preto dos ventiladores.
Pasou media hora e Mario seguía agardando,sedento, e apoiado no pé dun vello chorón. ¿Por que se retrasaba tanto? Cando xa estaba ó borde da desesperación, a piques de voltar a casa, viuno aproximarse a el. Vestía de escuro e levaba algo vermello na man.

-Pensei que xa non ías vir- dixo Mario
-Son fiel á miña palabra- respondeu o home
- ¿E entón? ¿Podo vela xa? ¿Rematou todo?
-Sintoo, o plan fracasou e tivemos que desfacernos dela. Antes de morrer, pediume que che dera isto.

Mario colleu a rosa que lle entregaba o home mentres as bágoas afloraban xunto cunha enorme presión no peito que lle dificultaba respirar. Cando levantou a vista xa non había ninguén alí. Dirixiuse lentamente cara ó río e sentouse na ribeira a contemplar as tranquilas augas, pensando no sinxelo que sería afogar alí e deixar atrás toda a tristura.]

Sra Mono Rubio

No hay comentarios:

Publicar un comentario